Meu pai, que en paz descanse, traballaba nas portas de Riazor. Pasar, pasei, como pasan os fuxitivos. Había que estar alí.

Os aplausos indicaban como ía o Sevilla co Barça. As novas eran boas, algo menos, parece que sí. Seica non.

No minuto 74 ocorreu algo que non entenderei nunca. Arsenio senta a Donato. Na miña carpeta do instituto eu tiña unha marabillosa foto da Voz co hispano-brasileiro facendo unha volea-escorzo imposible para lanzar case de medio campo. Esta:

Ou se cadra esta:

¿Como é que nun partido bronco, lento, bloqueado, Arsenio tomou esa decisión? 

Todavía estaba eu matinando nisto, cando me asaltou a dúbida. ¿Que carafio facía Nando a correr coma un polo sen cabeza ? (¡Corre Nando, Corre!).

PENALTY berrei con tanta forza que os meus adolescentes amigos enroibeceron.

Penalty dixo o árbitro. Pechei os ollos e comecei a rezar un Ave María que durou un Rosario, patrona, enteiro.

O resultado xa o sabemos.

Aínda así, trala liga do Chupa Chups, Coruña boutouse á rúa. Saloucando fomos a Catro Camiños para non ter que pensar sós na casa.

Djukic, tranquilo, Coruña está contigo” berraba eu, tentando asimilar que pasara. Non vira ese simulacro de penalty. Cando abrín os ollos foi para atoparme cun corte de mangas.

Os meus adolescentes amigos rían. “Djukic, tranquilo, Mara durme contigo“.

A súa fichaxe polo Valencia próeme aínda na alma.  Moito máis que o penalty.