La Maruxaina.

A Maruxaina. (Photo credit: Antonio Herrera)

Vadeando polo Facebook descubrín unha festa na Galiza da que nunca antes escoitara falar. A cousa é que vin a unha amiga miña vestida de antigo, nas fotos do seu muro. O título do álbum non me dicía nada, pero me chamaba coma todo: Maruxaina.

A Maruxaina é unha festa que ten lugar en San Cibrao o segundo sábado de Agosto. É unha festa de iniciativa popular, non unha desas foliadas que saen do cerebelo dun inspirado concelleiro de Cultura. Nos tempos onde a austeridade era unha fábula para escorrentar vellos, aló polos oitenta, a Comisión de festas en honra da Virxe do Carme, vendo que lle sobraban algún cartos, decidiu dárlle vida a unha lenda.

Devandita lenda fala dunha serea que vive, canta e namora nos farallóns. A partir de aí, as versión diverxen. Hai quen pensa que a nereida engaiola os mariñeiros para que afoguen. Outros din que os paxaros que envía advirten da achega das treboadas. Eu penso, que sendo muller, a Maruxaina ten sentimentos e cambios de humor. E punto.

O caso é que durante unha fin de semana toda a vila, poboadores e foráneos recuperan as vestimentas típicas de mariñeiros e pescadoras, revivindo a época onde a Maruxaina era forte, sabia e de cando en cando, malvada. A figura da serea se pasea pola vila antes de ser sometida a xuízo. E logo…

E logo, se queredes saber o que pasa, vades ter que ir en persoa a San Cibrao o segundo sábado de Agosto, un ano destes.

Ou visita-la páxina da Asociación dos Amigos da Maruxaina: http://www.amigosdamaruxaina.com