Portor, municipality of Negreira. Galicia

Portor, municipality of Negreira. Galicia (Photo credit: Wikipedia)

Prazo de presentación das obras do 17 de Maio ao 31 de Outobro.
BASES:
1. Ao premio de poesía Xosé M. López “Ardeiro” poderán concorrer todas as persoas que o desexen, coa única condición de que a obra presentada estea escrita en língua galega e cun máximo dunha obra por autor.

2. Os traballos deberán ser orixinais, inéditos e non ter sido premiados con anterioridade en calquera outro concurso ou certame.

3. Os traballos estarán escritos en língua galega e terán unha extensión mínima de 350 versos e máxima de 700, escritos cn tipografía de imprenta (tipo Arial 12 ou similar), a dobre espacio, con absoluta liberdade do autor/a en canto a estrofas, médida e rima.

4. Os traballos presentaranse por triplicado, sen firma, constatando neles soamente o título e o lema. Achegarase outro sobre pechado que conterá no seu interior o lema xunto co nome, dous apelidos, fotocopia do D.N.I. e teléfono do autor/a, e no exterior de dito sobre consignarase o lema e o certame ao que se presenta. Só se abrirán os sobres dos traballos premiados. Así mesmo deberá acompañarse ao traballo unha declaración xurada de que se cumpre o requisito do punto primeiro, é dicir, que é inédito e non premiado noutros concursos, certames ou premios, declaración que será introducida no sobre cos datos personais xa citados.

5. Deberán ser entregados en:
Delegación de Cultura e Deportes Casa de Cultura – 1ª Planta
15830 Negreira (A Coruña)

6. O premio de poesía “Xosé M. López Ardeiro” consistirá na publicación do poemario gañador por parte da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral do Libro, e a entrega ao autor de 150 exemplares.

7. As obras poderán entregarse entre o 17 de maio e o 31 de outubro de 2012

8. O certamé presentarase ó público o día das Letras Galegas, nun acto poético-musical de homenaxe e recordó ao poeta de Logrosa, Xosé M. López Ardeiro.
9. O xurado estará formado por tres membros de prestixio no campo da literatura, e como secretario, con voz pero sen voto, o representante do Concello que designe o alcalde, a súa composición só se fará pública coincidindo coa difusión do seu ditame.
Ao xurado, que actuará con liberdade e discreción, e cuxas decisión son inapelables, corresponderá discutir e emitir o ditame, así como outorgar o premio a unha soa obra ou declaralo exaequo, con accésits ou finalistas, e/ou deserto.
10. A entrega de premios será o 21 de decembro de 2012, no 5º Aniversario do falecemento do poeta de Logrosa, Xosé M. López Ardeiro.

11. A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

+información:
www.concellodenegreira.es
culturadeportes@concellodenegreira.es
Telf. 981885886