Chess knight 0971.jpg

Chess knight 0971.jpg (Photo credit: Wikipedia)

I

Hai un ano parei ante os teus ollos
tardaches 365 días en abrir os brazos
e agora, na túa aperta,
xa non sei se pararme ou fuxir
dos teus ollos

II

Home imposible da noite
que te atafegabas onte por me falar
Home da noite imposible
que me levas a currunchos segredos
se cadra o Nadal rematará
as promesas de verán

III

Sei que me axexas no silencio e no fume
e o teu brazo fala kilómetros por ti
sei que unha noite destas
abriremos portas pechadas
ou me levarás do brazo non sei onde
(por favor, non o fagas, cielito)

IV

Se o ceo chegara a saír cinco minutos antes
habería unha grande treboada
Aínda así, as nubes pillabanas
contaron meu segredo
e o ceo onte calaba unha carraxe de séculos.