Orange maple leaves on the ground in Brampton,...

Orange maple leaves on the ground in Brampton, Ontario, Canada. (Photo credit: Wikipedia)

Viro e reviro

as follas do meu pasado

mentres as faiscas do presente

queiman o meu futuro

Viro e reviro

e fico asulagada, asoballada, aterecida

durmindo desacougada

no leito do “¿e agora qué?”

Se non sei o que quero

para que queixarme.

Agardo unha resposta

a tódalas respostas anteriores