Galego: Estatua de Castelao en Pontevedra. Cat...

Galego: Estatua de Castelao en Pontevedra. Categoría:Imaxes de Pontevedra Categoría:Imaxes de escritores en lingua galega (Photo credit: Wikipedia)

Estes últimos tres anos temos visto como unha avalancha de mozos e mozas galegas teñen, coma mín, collido a maleta e un avión a calquera parte. Lonxe.

Aparte de teorías metafísicas sobre o espíritu de aventura, no caso galego resulta sorprendente que se trate o feito isoladamente, coma se non fixese un cento de anos que os galegos collemos a maleta e un avión un barco a calquera parte. Lonxe, polas xeracións das xeracións.

O galego non protesta, emigra, que dicía Castelao.

No entanto na prensa vemos só aos nosos rapaces, sen contar que os seus tíos e os seus avós marcharon antes. E que moitos están aínda fóra. Lonxe.

Até os hai que non voltarán nunca.

Esta emigrante que eu son rebélase contra a inxustiza do silenzo. Neste blogue quero encher este valeiro e darlle a parola a tódalas xeracións. Non será un “galegos polo mundo”. Será un “Espallados”.

¿Es ti un espallado/a? ¿Cántos espallados hai na túa familia?

Comparte a memoria: marae (a) yahoo.com