Non só os iñorantes, imbéciles e escuros

castelao. a nosa rerra non e nosa rapaces

Visto en Facebook:

De todos os jeitos, dizer que um licenciado que trabalha em europa é um emigrante ou um exiliado, parece-me um tanto exagerado, e sem ánimo de ofender a ninguém, creo que essa percepçom é própria de quem se criou umhas espetativas irreais, queixamo-nos de vizio!

Non vou a citar a fonte porque quero crer que o dixo sen pensar e en total descoñecimento de causa. No entanto, esta é unha afirmación que atopo moitas veces, xunto coa de “qué sorte tes, que tes un traballo” e a demogóxica de “ti non viñeches en patera.

Respondendo punto por punto, comezo pola definición de emigrante. A Convención Internacional sobre a Protección dos Dereitos de todos os Traballadores Migratorios considera como tales “a toda persona que vaia realizar, realice ou realizara unha actividade remunerada nun Estado do que non sexa nacional”. Toda persoa. Negar a condición de emigrante ten, entón, un peso xurídico.

O estatuto de exiliado é máis complicado, xa que non ten recoñecemento legal. Non hai que confundilo con refuxiado, que é o caso dos que teñen que abandoar (fuxir) o seu país por causa de persecución e están especialmente protexidos. Tal é como define a wikipedia: O exilio é o estado de estar obrigadamente lonxe da propia terra (xa sexa cidade ou nación) e pode definirse como a expatriación, voluntaria ou forzada, dun individuo. Entón, no caso da diáspora dos licenciados galegos podemos falar dun exilio forzado por causas sociais e económicas. Estructurais, seica. 

Sobre as expectativas irreais, poderiamos falar paseniño. Seméllame frustrante que aínda haxa quen crea que a culpa da crise é do pobo e do famoso “vivir por riba das posibilidades” cando mesmo a clase política está a dar marcha atrás neste discurso. Persoalmente, podo decir que non marchei porque non me ofreceron traballo de ministra, marchei porque non me quedou outra. Non había traballo, nin de directora de relacións internacionais nin de caixeira do Simago. E segue sen habelo.

Quero dicir que emigrar non é unha escolla. É un feito.

Para rematar, non podo ignorar a acusación de “queixarme de vicio.” Véñenseme à mente moitas respostas, e case nengunha educada. Así que vou optar por dicir de que me laio, a ver se é vicio ou non. Cando collín a maleta, renunciei à miña identidade. Xa non son nin de aquí nin de alá, senón un número nas estatísticas da tan cacareada mobilidade europea. Renunciei à miña lingua… alomenos a falala tódolos días. Renunciei à miña familia. Renunciei aos meus amigos. Renunciei aos meus libros, ao meu armario e á miña casa da aldea. Fixéronme renunciar ao voto nas eleccións locais e á seguridade social pola que coticei. Non só fracasei coma parte dunha sociedade que non acepta a miña achega senón que esta, cando me refuga os meus dereitos, me condena ao ostracismo.

Cando escoito o meu nome, non o recoñezo, porque o pronuncian dunha maneira estrana.

Adios ríos, Adios prados…

Be Sociable, Share!

One thought on “Non só os iñorantes, imbéciles e escuros”

De Parola. Tócache