Eran as 20.30. Meu mozo veu espertarme da sesta e dixen que ata as nove non me erguía. Ás 20.42 erguínme sen espertar e como unha zombi baixei as escaleiras da casa. Zombi máis que zombi, púxenme a xogar ao Candy Crush, cando, de súpeto, unha voz interior me dixo: Pon a páxina da Voz de Galicia. ¿estás tola? me respondín, e así e todo puxen a Coz. E boteime à chorar, de tan lonxe e tan impotente que me sentín. Vaian estas liñas polos que si estaban alí. Os bos e xenerosos de Angrois. Marae