O orixinal do Poema, no meu album de "Grandes Ideas"

O orixinal do Poema, no meu album de “Grandes Ideas”

Xa non haberá máis relfexións económicas

Xa non haberá máis deduccións estatísticas

Xa non haberá máis mutuas observacións sociolóxicas

murcharon os meus pensamentos afastados por ti de ti

remataron as cheas dos xoves

e remataron nun valeiro infindo

Xa non haberá máis guerras históricas

Xa non haberá máis prolegómenos do ente impersoal e abstracto

xa ninguén nos introducirá na Ciencia Política

murcharon os empréstitos de apuntamentos e cintas

remataron os concertos de cantautores

e remataron nunha nota estridente.

Xa non soñarei máis co teu amor imaxinario

Xa non haberá máis mal-entendidos entre nós

Xa non haberá máis conversas de longas noitiñas

murcharon os espertares de insomnios dorosos

remataron os rumores de que nos amabamos

e remataron nunha amizade sombría.

Xa non visitarás o meu cuarto a horas que non existen

enchéndome de esperanza e de fachenda

Deixáchesme a chorar por dentro

a noite que me roubaron ese bico de despedida

Xa non haberá máis parrafeo na escaleira