O home que me amou

O home que me amou tal e coma son é o home que me rexeitou por ser coma son. É o home que me fixo o amor sen durmir comigo; mais que me fixo o AMOR con maiúsculas. É o home ao que lle fixen o amor coa desesperación do tempo que corría contra nós. É o home que me agasallaba poemas e me lía entre liñas.

O home que me amou ocupaba o deserto da miña cama. Era o trofeo que amosar ás malas linguas. O home que me amou era outra forma de dicir “Estou eiquí”. “Son a millor”.

Camareiro, por favor, apúnteme outra na conta do fracaso.

Nota: Neste mes vou recuperar textos dun caderno que merquei en Irlanda – Cushendall 2001. Os textos son, ben seguro, posteriores (2001-2003)

Be Sociable, Share!

De Parola. Tócache