Día dos Números Galegos : 18 de maio

Doutora en Matemáticas
Dolores Rodríguez Vivero Doutora en Matemáticas

Onte foi o día das Letras Galegas. Celebramos a Manuel María, o seu amor pola lingua das bolboretas e a súa busca do espazo que o galego merece.

No ronsel desa busca, hoxe, 18 de Maio de 2016, unilateralmente declaro o día seguinte ás Letras, o día dos Números. O noso pobo sabe contar historias pero tamén sabe contar en abstracto.

Boa proba delo é a miña amiga e irmá de vida, a doutora Loly Rodríguez Vivero. Nada tamén nun día 18 (de Nadal) a ela quero adicarlle este primeiro día dos Números Galegos.

Loly comenzou moi nova a ensinar matemáticas aos cativos de Lugo. E, ao contrario que as típicas pasantías, sempre o fixo para que os rapaces amasen o que estaban a aprender, sen preocuparlles tanto pasar o exame. E pasábanno. Pasábanno cheos de fachenda, namorados das matemáticas, contaxiados da paixón da súa profesora.

Cando chegou á Universidade, Loly tiña claro que ía facer Matemáticas. E non só conqueriu os seus anos académicos cun expediente meritorio. Non se limitou a sacar boas notas. Foi tirando dos outros, de nós, pobres herdeiros das Letras Mixtas, cada vez que tiñamos un problema. Matemático ou dos outros. E todo sen deixar de ensinar aos rapaces aos que sempre se adicou.

O seu doutorado cum laude en ecuacións non lineais e dinámicas (non me pidades que o traduza) abriulle as portas do mundo.

Nembargantes, a nosa doutora en matemáticas ficou e fica en Galiza, sementando esa paixón por Banach,  Euler e algún outro siareiro dos espazos cuadrimensionais nos futuros ensinantes das escolas galegas. Porque o talento medra cando se comparte, e Loli faino a corazón aberto. Na USC, en Lugo.

Fachenda da nosa terra, digna primeira dama dos Números Galegos.

Velaí queda!

Be Sociable, Share!

De Parola. Tócache