Vou farta de ollar
a felicidade dos outros
no recanto da fiestra
Vou farta
de que o amor
xogue comigo á pita cega
e cando quito o pano
non resta ninguén
O vento levou
a miña boa sorte
lonxe de mín
Non quero estrelas
quero unha aperta
no gume do abismo