Dia da Nai (que os pareu)

Unha das cousas que os emigrantes levamos pior é non poder estar presentes nos momentos importantes. No só en vodas, bautizos e comunións, mais o San Pedro ou a Festa da Merenda en Aiazo, o aniversario do teu irmao,  ou o día da nai.

Empresas coma Interflora naceran precisamente para encher ese oco, moitas veces en forma de monopolio. Ben, hoxe podo dicir que algo cheira a podre en Interflora.

Esta semana meu irmán mais eu encargamos un centro de prantas (atención, lean vostedes ben: PRANTAS) por Interflora para o día da nai. Ambos os dous, pero sobre todo eu, queríamos prantas porque duran mais. Para evitar (ou iso críamos) a avalancha do domingo, pedimos unha entrega o sábado.

O sábado “nos dieron las diez y las once” e as prantas non viñeran. Nin Interflora contesta ao teléfono, ninguén chama para avisar / confirmar, etc…

O repartidor chegou o domingo 7 a iso das tres da tarde… Digo o repartidor, porque o centro de prantas que pedimos e o cesto de restos florais que chegou non teñen nada que ver. Sendo serios… por moito que miro as fotos, non lle dou atopado a semellanza. Sen esquecer as condicións do pedido, Interflora non respectou ningunha:

– Data de entrega: adiada 24 h

– Dende a floristería mais cercana: A última vez que mirei, dende Os Mallos ao Burgo había unha tirada…

– Calidade certificada : As frores están murchas

Iso sí, en Interflora non lles falta a retranca. Levo 24h recibindo e-mails deles con “Aínda tes tempo de reservar as frores para o día da nai. Entrega garantizada”.  Debe ser publicidade para o ano que vén. Sobre o eslogan “a tranquilidade de traballar con un líder” voume reservar a opinión.

Meu irmao chamou á florista (Tania Brea, do Burgo) e, tras afirmar que os fieitos e as begonias non están de tempada, a súa resposta foi:

– Tocouche…

Tocou, e toca os collóns, señora. Porque eu e calquera pode decatarse de que Tania Brea, florista do Burgo, pasou onte e hoxe a preparar os encargos dos seus clientes directos (os pobres) e para Interflora (ou sexa, nós) reservou os seus artículos máis delicados…delicados de saúde quero dicir.

Tes sorte de que estea en Francia, Tania, porque senon che tiraba o cesto á cabeza.

E non vou publicar un video chorando, pero si confesarei que teño un pouco de disgusto. En condicións normais, enviar un artículo por outro é, legalmente, un timo. Pero facelo o día da nai a unha persoa que vive fóra e non ten outra solución é un delito moral da mais baixa caste.

Espero que poidas durmir pola noite Tania.

E se non che gusta o post… só teño isto que dicir: Tocouche

Be Sociable, Share!

De Parola. Tócache