DSCN1936
Pendurada do meu peito levo unha cruz tan grande

Que non acada a ser tan grande

Coma a que habita o calvario que teño por vida

Deitei en amantes esquecidos as sabas da miña inxenuidade branca

Agora son os que amo quen me esquece

A cativa de sorriso branco e ollos verdes que eu fun

É agora un espectro isolado de sorriso verde e ollos brancos

Todo o asoballa a noite tépeda e tebrosa da túa ausencia

Era tan feliz ¡estaba tan viva!

Foi unha mágoa dar en ti para morrer deste xeito

As mans mortas deste corpo morto son un peso morto

Estou tan triste que non podo cangar coa miña pena

A viúva vestida de cores que hoxe escribe

Sabe falar catro idiomas máis está condeada ao silenzo

Os cans ouvean ao sentir as miñas pegadas quedas

Xa tan só son un festín de carne

O meu xantar favorito son uvas sulfatadas

Pero non hai veleño que me mate

(é ridículo tentalo, xa son unha tumba)

Filla alérxica de fumador empedernido, medrei sen defensas

Prometiches non alonxarte

E foi mentira daquela e foi mentira agora

Tampoco eu poño ren na tixola

E o aceite ferve, fumea, cheira… e fede a queimado

Eu arredo arrepiada de voltar a cobizarte

Quizabes morreu aquel rauto que xa non lembras

Máis gustaríame que non fose tan duro soterralo