Pasaporte Galego

DSCN1881

Estas últimas semanas, percorrendo Europa de cabo a rabo, decateime de que isto de ser galega (ou iugoslava, segundo se mire) ten una certa importancia a nivel internacional.

Cando marchaba de Bratislava, na cola do control das equipaxes de mán, o mozo que verificaba os pasaportes díxome (en inglés, claro está): “Deportivo La Coruña, bon equipo” Eu encollín os ombreiros e respondín “Este ano non tanto” e el insistiu “Bon equipo, bon equipo”.

Venres Santo pasado, cheguei a Belfast feita un farrapo, cansa, arrastrando a maleta coma quen tira dun menhir. Cos ollos pequechos e bufando, dispúxenme a pasar o control de pasaportes, onde había catro policías. Entrar no Reino Unido non é como no resto de Europa, son un pouco máis estrictos. E eu entraba en Irlanda do Norte.

Sabía que con esa pinta habíanme de parar e así foi. Cando xa rebasara os policías, un deles, o que máis lonxe estaba de mín, paroume e pediume o pasaporte, recitando o interrogatorio de sempre “De que país es” “De onde vés” “Cánto tempo ficas” “Onde vas”…  ate que abriu o famoso pasaporte e viu que era da Coruña. Mira que en inglés o ti e o vostede se din igual, pero xuro polos grelos que eu escoitei a diferencia.

– ¿Galega? Pasa, muller, pasa, e Benvida a Irlanda.

 

Be Sociable, Share!

5 thoughts on “Pasaporte Galego”

  1. Non sabias somos celtas e despois estamos por todo o mundo non te acordas cando o Tio Luis decía q foran os gallegos os primeiros a chegar a LUNA JA jaaaa

  2. Feliz Santo Tamara pero con el cambio horario llego a tiempo verdad?o la escusa ya no vale?Un abrazote y es verdad hay gallegos hasta en la luna!!!jajajaja

  3. Sim, na Irlanda e em muitos outros países conhecem bem a Galiza (a nossa herança Celta comúm é importante aí). A mim passou-me algo parecido faz 10 anos num Pub em Dublin. Havia um concerto e não deixavam entrar mas quando me perguntarom e lhe disse que era galego, entrei na hora. “Ah, galician!! enters, enters!!!

  4. No caso da Irlanda do Norte temos também o plus de que somos uma nação sem Estado como eles que luta polos seus direitos nacionais. Na Europa, há uma certa solidariedade entre as gentes das nações sem estado.

De Parola. Tócache