Madame dans sa cuisine

Aurora dos meus días

Aurora que perdiches
fillos e irmáns polo camiño
Aurora de amor e sopas de pan
de palomitas no forno de leña
Aurora de almorzos na cama
e contos de medo nos recantos
Aurora de rosarios de castañas
prega hoxe comigo este Ave María
Aurora que te apagas
aluméame os días

Dez cousas que me aprendeu a miña avoa
1.    Canta mentres limpas a casa.
2.    Ten o corazón aberto, chora se o precisas.
3.    Ren millor que a calor para a dor de estómago e o xenebreiro una vez ao mes.
4.    Fai sorrir aos nenos. Tódolos días.
5.    Deus está contigo. Non o esquezas.
6.    A comida nunca sobra. Pon sempre un cuberto de máis na mesa.
7.    Gracias pola túa voz
8.    Onde durmen dous, durmen oito
9.    Non precisas ler nin escribir para ser persoa
10.  Protexe sempre ao máis feble. Ainda que non teña razón.

¡Ai Aurora, moito me faltas!