DSC_0012

Hai una semana estaba en Birmingham, discutindo sobre a importancia das accións en prol da mocidade nas cidades. Nun momento de discusión do grupo, varias intervencións falaban da influencia que ten o ensino nas actitudes dos nenos e mozos, botándolle a culpa aos mestres e mestras da falta de disciplina e vocación dos futuros adultos.
O discurso proíame na alma, xa que eu penso que o problema non son os mestres, senon o sistema, que os deixa coma última esperanza nunha sociedade que perde valores humanos e os substitúe por valores comerciais. Antes de que eu poidese saltar, unha profesora de Estonia colleu o micrófono para explicarnos cal é o rol dos mestres e cómo se implican en cada neno, aplicando unha regla ben sinxela, “todo o mundo nace para ser feliz”.
Non podo compartir o discurso que defende que “os mestres son uns lacaceiros”. Os mestres que eu tiven fixeron por mín e polos meus compañeiros todo o que poideron, coas armas que tiñan, e se non as había, as inventaban.
Como exemplos, podo citar que se hoxe escrebo é porque os meus mestres me alentaron a facelo, a ler libros e a explorar xéneros, das poesías de Bécquer ao Romancero Español, pasando por Castelao, Alas Clarín ou Blanco Amor.
O meu amor polo teatro tamén se viu recompensando cando, aos doce anos, me permitiron dirixir unha obriña sobre o libro de “El Corazón del océano” de Elvira Menéndez. Agora que é unha serie famosa de Antena3 se cadra vou ter que pedir royalties.
Os meus mestres estaban sempre aí, pasara o que pasara, tanto na escola coma no instituto. E citando outra das frases saída do seminario de Birmingham, “nunca deixaron un neno atrás”.
Hoxe que o ensino público se recorta na operación bikini do Estado Español, non podo esquecer que a persoa que eu son non sería nin eu nin persoa sen os meus mestres.