IMGP0461

Hoxe quérovos falar dun cantautor francés que se chama Oldelaf. En realidade, chámase Olivier Delafosse; OLDELAF é o nome artístico. Pois ben, Oldelaf é un deses tipos que todo o mundo coñece por unha canción ou dúas, e que despois teñen que amosar que son capaces de facer outra cousa.

Neste caso foi unha canción chamada Café, que podedes atopar en Youtube, subtitulada en inglés.

O caso é que eu, que nunca fun fan de ninguén, estou platónicamente namorada deste rapaz. Non só pola tenrura coa que acariña aos nenos no seu conto musical “Parvo e malvado” (Bête et Mechant), nin polo moito que me fan rir parodias como Ker Chansonec.

O que me namora é a súa capacidade de escribir letras amarguriadas e profundas, con certa retranca, coma Testament ou a Tristitude. E co último descubrimento estou por saír correndo a onde sexa declararme e berrar coma unha choni con Justin Bieber. Resulta que el comezou cun grupo que se chama(ba) “Os pequenos humanos” (Les petits humains) e case todas as cancións son poesía musicada.

¿Algunha vez escoitáchedes unha canción e pensastes que o tipo que a escribiu sabía moito da vosa vida? Algo semellante conta “Killing me softly” e algo semellante pasoume con “La fille qui pleure sur le rebord du monde

 

Déixovos un vídeo (cantan a partir do minuto 2.30), a letra en francés e a traducción en galego