Este fin de semana é o San Pedro en Aiazo. É curioso, mais o patrono da miña aldea tamén é o patrón da catedral aquí, en Rennes.

Arrebuscando na rede substitutos para a morriña, veño de decatarme que ¡xa estamos na Wikipedia!

Aínda que non falan do meu lugar (Os Canizos), o artigo inclúe xeografía, historia, cultura, festas e ate o noso propio grupo musical : Sarillo.

Xa podedes dar unha volta virtual por AIAZO, AQUÍ.