WP_20150905_020

Os teus ollos azuis derramáronseme na cunca

Que saboroso está o café con pingas.

 

Xa non sei onde pararei a debacle que me asolaga

Choven os días mentres me axexa o calendario

E teño tanto medo coma se non viñeras

Estás, estou, estamos…

Pero eu non durmo nos teus brazos.

Lémbrote cada vegada que albisco unha ollada capicúa

E homes suxos bérranme aldraxes se poño cara de pensar en ti.

A ferida da montaña balcánica sangra con ecos de canóns

Anque desta vez os canóns veñen do ceo e non falan en alemán,

os nenos que choran, choran en idiomas intelixibles.

(Poemas da primeira páxina do libro AZUL, 1º premio de poesía do Colexio Maior Fonseca, USC, 1999)