DSC_0282

Relendo o meu caderno verde (1998-2000) atopei estes anacos de cantigas e ditos.

Arco da vella ao poniente
ceiba os bois e vente

Arco da vella ao raiante
dálle aos bois e tira p’adiante

E se Marae quere ser cabo noso
ten que beber, ten que beber até o fin
E vai pra riba, vai pra abaixo vai pro centro
E vai pra dentro até o fin

A laranxa cando nace
nace verde e redondiña
Tamén ti cando naciches
naciches para ser miña
E ti vira vira
tamén viro eu
Teu pai é meu sogro
teu amor son eu

Eu quixera ser merliño
e te-lo bico encarnado
para facer o meu niño
no teu cabelo dourado