Ilogic LFA

Un conto moi abstracto (1996)

Era de noite, chovía, e o vento restregaba os seus odios contra as xanelas. Aquel piloto de portaavións que esa noite estaba de garda non podía crer que lle tocara a el esa noite.

A miña vida dá noxo. Preciso a alguén”pensou para sí. O rexoubeo da serea enxordeceuos seus ouvidos. “Ogallá fose unha serea das outras”.

Senlleiro no medio da inmensidade da noite foi interrrompido polo grumete.”Capitán, capitán, veña ver isto”. O grumete conduciuno á sá de TV. Escangallárase o Canal Plus no medio dunha película porno (por non ver outra cousa) moi interesante. O cociñeiro, nun arrouto erótico festivo, se cadra por sobredose de chocolate e canela, metera os dedos no enchufe provocando un corto-circuito.

Coma o cabo electricista estaba de baixa, non había posibilidade de facer ren ata o próximo peirao.

Foi un día terrible sen televisión. O alcol correu a raudais, os máis novos choutaron de vela en vela, facendo puenting dende sitios increíbles…

A chegada ó peirao foi amenizada por unha canción de Oasis nun vello radiocassette coma única música de benvida. Era un lugar de cores grises nos que se recortaba a escura silueta dun estrano suxeito que tinxía o chan de flemas verdes esgazando a monotonía do pavemento.

O piloto de portaavións metíase o dedo dunha man no nariz (infrucutosamente, por certo) mentres coa outra comía maní. O piloto non sabía que pensar naquel lugar distinto.

O suxeito estaba cheo de merda ata as orellas, tanto que era difícil discernir se era rapaz ou rapaza. Mais era isto último. Agardaba dende o incógnito da costra de anos ó aposto piloto de portavións, que hipnotizado polo estrano ser, mandou tender unha escaleriña. Descendeu ó porto e achegouse a aquela figura ignota que lle sorría. Olláronse de arrib a abaixo, tomando medidas da situación.

Ela esbirrou e mexeuse, co que se lle caeu o sombreiro riba do ombreiro del. Mentres o recollía asulagouno coa axila da súa lene peste de prea reconcentrada. El, atordoado, non foi quen de discernir que era cheirume, semelloulle pantástico.

Non falaron, non fixo falla. Ela tomouno da man e mentres o conducía cara o mar, agabardina descendeu paseniño sobre os seus ombreiros, descubrindo un corpo de serea perfecto e escamado. El creu que se lle abriria o ceo.

Perdéronse no mar. Fixeron o amor e logo fundíronse coas algas, esvaéndose no océano infindo.