English: Galician gaita. Português: Gaita gale...

Galego: Gaita galega. (Photo credit: Wikipedia)

Hai uns días tiven a honra de ser a primeira persoa en escribir en galego para o boletín de novas da Casa da Europa de Brest. Fachendosa das miñas raigames, aprendéndolle a estes galos cousas dos seus curmáns.  Podedes velo eiquí en páxina 2:

http://www.maisoneurope-brest.eu/document/newsletter_MdE_Brest_mars_2013.pdf

Vela quí o texto:

O Arco Atlántico, disque
Cando alá polo ano 1999 collín a maleta para facer un Erasmus en Rennes pouco sabía do que era a Bretaña e os seus lazos coa Galiza. Co tempo, funme decatando da semellanza entre ambalas dúas rexións: as filloas (crêpes), a choiva, Fisterra (Finistère),  os barcos que naufragan na costa, os cruceiros nos camiños,  a gaita.
Agora que, doce anos despois, estou a traballar en Rennes para as cidades do Arco Atlántico, vou descubrindo outros parecidos que non son tan evidentes. Os normandos responden con outra pregunta, coma os galegos e os irlandeses.  A fina ironía galesa correspóndese perfectamente coa retranca galega, o río Tamara chámase Tambre en Galiza e Tamar en Cornuailles. Tantos lazos perdidos na historia que facilitan o meu traballo día a día.
Rennes e Santiago, irmandadas en 2010, son outras dous pingas máis neste océano celta. Coma as pingas, as dúas ciudades se asemellan: a vida cultural, a Universidade, os ríos que as enlazan, as Catedrais.  O mesmo sucede con Coruña, Ferrol e Brest: os Acuarios, as bases navais, o feito peninsular…
Ese é o meu traballo na Conferencia das Cidades do Arco Atlántico. Axuntar todas estas pingas no presente e facer unha nube que chova futuro sobre toda Europa.