Gárgola con faringitis

Gárgola con faringitis (Photo credit: La maldición de Sísifo)

Tentada polo diaño a lúa agarda.

Pretende chegar a mencer canda o sol

nunha praia seca de bágoas secas;

de cunchas enxoitas e areas tépedas.

Se mence a lúa legalizarán o hachís.

Haberá unha semana gratis de porros de balde.

A herba que ninguén pisa rematará por ser fumada.

A lúa que quería mencer ten un cráter de cannabis

e sorriso de chocolate

e nubes de cabalo.

A herba que todos buscan non se colleita pero cae en redadas.

A herba que moitos fuman non é do deserto pero a traen camelos.

A herba que ninguén pisa algún día se fumará no Gárgola.