Campo en barbecho

Campo en barbecho (Photo credit: GrumpyWolf)

Na vida sementamos

hai sucos bós e outros malos

Eu esculco as miñas prantas

e de cando en vez

as malas herbas rañan a pel

Na vida recollemos

hai froitos temperáns e froitos serodios

Hai prantas que non dan froito

e hai froitos que veñen sen pranta

Sementar, sementarei

pero ás veces todo é alqueive