Coruña13 (2)

A carraxe do elo
tiroume ao chan
detestando cada intre
e fervendo de violencia
catro veces dunha soa
Os umeiros non dan peras
nin os cochos cagan diamantes
Nembargantes
eu espero
mentres trasnocho
para colmo
o regreso
da túa aperta