IMG00104-20131002-0834

Primeira experiencia de Teatro Negro (hai que velo para crelo)

(Escea 3) Vemos chegar polo río Xordán unha patera que escapou á lei de estranxeiría. E van saltar da patera, parece que sí, que saltan, que queren saltar, que saltan e… saltaron da patera. O rei Basaltar salta ó terreo de xogo. Conectamos con Gaspar Rossetti. Gaspar, que nos contas da carreita de camelos. Ola Jose María, aquí Gaspar Rossetti. A carreira está suspendida de momento, os camelos están pasando os controis de febre aftosa. Velaquí o primeiro camelo que se desliza pola banda desinfectante. Ala vai o primeiro camelo. Por detrás achégase o segundo camelo que quere gañarlle a posición, parece que lle pide paso sacando a lingua pola esquerda. ¡Non, non é un camelo, será unha ovella clónica, será un polo con dioxinas, ¡non! É unha vaca tola.

Parece que temos problemas co pasaporte do rei negro. Temos no micro a Baltasar Garzón. Como superxuiz considero que a entrada que lle fai Baltasar o Xesus é ilegal. É que opina de esto Joan Gaspar. Isto é un roubo a man armada, veño de pagar mil euros por un barril de mirra, e ademáis non sei para qué sirve.