Ollarte foi albisca-la gloria de Deus

e a gloria atopoume na devesa

botácheste atrás, ficou só unha mesa

testemuña inédita dos bicos teus

Marchei lonxe. De ti e dos remorsos meus

Marchei sen dicirche ren. Inconfesa

Agochei meu amor baixo aquela mesa

onde agochabamos inferno e ceus.

Quizabes me amabas, se cadra si

non mentiron nin bicos nin abrazos

non coñezo ninguén que minta así.

¡Ai meu amor! Que será de mín e de ti

que será dos castelos e dos pazos

que nos aires fixen por ti e por mín

Nota: Neste mes vou recuperar textos dun caderno que merquei en Irlanda – Cushendall 2001. Os textos son, ben seguro, posteriores (2001-2003)