Hoxe teño que confesar que perdín a mán (e a lingua) a forza de traballar en cuatro linguas bárbaras e besbesellar noutras dúas, aínda máis bárbaras. No entanto, perante o meu bloqueo de escritora permanente, matino en volver a escribir en galego, escribir (máis) na miña propia lingua.
Seguro que me custaría moito menos atopar o ton adoitado, falar coa miña propia voz… fungando coma eu soa sei fungar. Nun idioma que só os galegos comprendemos, aínda que sexa falando en castelán ou en francés.
Actualizando Os Pasos
12 Febreiro, 2013