Mondo Mando

Mondo Mando (Photo credit: Wikipedia)

Morro de angustia
a arrelia me come
Debuxo futuros terribles onde retorno á casa
Co rabo entre as pernas
Pelexo ignota co contestador virtual
Mando mensaxes sen senso
Botellas cheas de tristura que me sulaga e me abafa
Asobállome na desesperanza da depresión
Desfágome en saloucos coma unha posesa
e agardo
Agardo un sinal no limiar da ausencia

PD: Feliz día da Lupercalia