IMGP0823

Coma o mar, achégaste en ondas que veñen e van
Coma o vento, tes rachadelas
Coma o día, tes horas boas e malas, luz e noite
E eu amóte por non seres sempre o mesmo
Se te miro, atopo os teus ollos
Se che sorrío, atopo o teu sorriso
Se che falo, atopo conversas eternas
E eu amóte por estar tan compenetrados
Xa sei que nós somos imposibles coma verba
Xa vexo que estás rodeado e lonxe
Xa creo que é hora de po-las cartas sobre a mesa
E eu amareite por riba de todo
Para ser nós terías que ser cego
Para amarme, tería que ser en exceso
Para ti, eu sería unha sombra distinta
E eu amareite dende outra perpectiva
No entanto, nin ti nin eu dicimos ren
Nembargantes todos ven o que agochamos
No entanto non poido calar este amor que me proe
E amándote en silenzo non amaño nada.