A Coruña. Rúa de San Andrés 2012

A Coruña. Rúa de San Andrés 2012

Ninguén foi ao enterro do meu amor finado

foi un pasamento pasado sen dor

daí xurdiron quince frores distintas

esparexidas ao chou nos banzos da rúa

escachou a derradeira casca de ovo

rachou o último exame da carreira

esgazou o retal que ficaba na casa de modas

esnougou o nocello do pichichi da liga

esnaquizou unha caixa de bombóns

esfolou o pelexo da bota de viño

crebou a forza de Hércules e da súa Torre

parteu o meu corazón

e ninguén recolleu os anacos espallados

Aquel día durou vinteséis horas initerrumpidas

e aínda se repite en días alternos.

Aquela noite foi tan escur que non cabería máis luz

Alumeounos a verdade e doeu tanto

         que crin morrer dunha enchenta de bágoas que non saíron

Aquela mañá el deixou de ser un escarpín branco.