
Peregrinos del Camino Portugués del Camino de Santiago, atravesando el puente internacional sobre el río Miño, que une Tui (España) con Valença (Portugal). (Photo credit: Wikipedia)
Xa teño contado que na universidade participei na fundación de dous colectivos poéticos: Ollo e Pozo de Ideas. Disque á terceira vai a vencida, así que volvo a lanzar unha botella, desta vez no mundo virtual: i-lusos.
A partir de hoxe, este blogue fica aberto a todos/as eses/as poetas que escreven en galego, en galego-portugués, en portugués, en brasileiro, en angolano… Todos eses i-lusos coma mín.
Se queres participar nesta iniciativa, só tes que enviarme un correo electrónico ao meu enderezo virtual: marae (a) yahoo.com
Agardo as túas letras!