A Bofetada (Photo credit: LetoCarvalho)
Afundo
afundo no corgo das labazadas
mentres bato a testa
entre dous penedos
Abre os brazos
dame acougo e refuxio
para morar na túa aperta
que veñen os lobos
e eu son unha ovella
con pel de raposa.