Hand

Hand (Photo credit: yorkville)

Eu quería e avancei

e ficounos o intre decisivo

xeado na foto da lembranza

porque ninguén pechou os ollos

Eu quería e ciei

porque me espaventou a mañán

do temible día despois

do paso en falso

Se has vir

que sexa para ficar