Gifts

Gifts (Photo credit: Guudmorning!)

Xaneiro 2013

Son feliz. Feliz cos meus prendedores, as miñas caixas, os meus recortes, os meus papeis de agasallo e… sobre todo… ¡os meus altofalantes! Como unha nena, oes, berrando dun cuarto ao seguinte, con música que xa ouvín cen veces, porque a música caduca pronto cando estás emigrada.

English: A pair of speakers for notebook compu...

Speakers for notebook computers made by Logitech. (Photo credit: Wikipedia)

Vou ficar soziña, eiquí no meu mundo fechado. Bruído. Precisaba bruído. Este bruído dáme ganas de brincar, de facer pinchacarneiros na cama, de bailar pés nús, de soñar esperta sob o leito. ¡Oh Deus, me encanta!

Quero facerlle o amor a este bruído. Quero facer o amor con este bruído de fondo. Bruído. Preciso bruído. Today is raining. Adoro a chuva. Estou tola. SON FELIZ. Só con Bruído.

SON FELIZ